Dentro da axenda de actividades programadas polo profesorado e a ANPA para conmemorar o XXV aniversario do noso colexio, tivemos a honra de recibir esta mañá na biblioteca do centro a D. Xerardo Estévez, que conversou coas nenas e nenos sobre a evolución da cidade de Santiago, como xoia do noso patrimonio.
Intentou sobre todo, concienciar ao alumnado da importancia de conservar o patrimonio e de facelo ben para que poidamos estar orgullosos do que temos.
Moitas grazas querido amigo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario