viernes, 21 de junio de 2019

OS XOGOS POPULARES

Os xogos populares forman parte importante do noso patrimonio. Por iso, as nenas e nenos de 2º curso de Primaria traballaron todo o curso para aprender e logo instruirnos a todos sobre a riqueza destes xogos. Aquí tedes mostras dos seus traballos de investigación.



FALEMOS GALEGO. É O NOSO PATRIMONIO

Tres capitáns de tempos idos é a obra de teatro coa que nos deleitou o alumnado de 5º A do colexio, que escolleu, dentro do noso proxecto deste ano, o patrimonio lingüístico e a preocupación por conservalo.

 Parabéns pola súa marabillosa actuación!




sábado, 15 de junio de 2019

A NOSA LINGUA


 Nas aulas de catro anos estivemos a traballar sobre a nosa lingua: o galego. O punto de partida foron as cancións O trem maluco e O pirimpimpín, a primeira en portugués e a segunda en galego. Estas cancións teñen unha estrofa coa mesma letra e, a partir desta cuestión, naceu esta viaxe.

Unha viaxe que nos levou a buscar lugares do mundo onde se fala o portugués,  lugares onde pola semellanza co galego, podemos facernos entender.








FONTES, PONTES, POZOS E LAVADOIROS

Con este título se desenvolve o traballo das nenas e nenos de 3 anos do noso colexio durante todo o ano. Aquí podedes ver algunhas das imaxes do noso patrimonio.

Bo traballo!



miércoles, 12 de junio de 2019

VISITAS AO BARRIO POLO XXV ANIVERSARIO


O alumnado de 4º e 6º do noso colexio, coordinados polo profesorado, realizou uns vídeos das visitas que fixeron a varias Institución e espazos ubicados no noso barrio. Espazos que forman parte tamén do noso patrimonio.
Desfrutade destas estupendas visitas nos seguintes enlaces:


POLICÍA AUTONÓMICA

VISITA A METEOGALICIA

VISITA AO IES DAS FONTIÑAS

VISITA AO IES ANTÓN FRAGUAS

VISITA Á CRUZ VERMELLA

VISITA AO CENTRO SOCIOCULTURAL

VISITA AO CENTRO DE SAÚDE

martes, 11 de junio de 2019

OS NOSOS CASTELOS


Aquí tedes o estupendo vídeo realizado polo alumnado de 4º de Primaria do noso colexio sobre unha parte do noso Patrimonio Cultural e Artístico, os castelos.
Así, investigaron sobre como xurdiron os castelos, as súas partes máis destacadas, como foi a súa evolución...
Despois nos describen dous exemplos importantes, o Castelo de Soutomaior, na comarca de Vigo e o Castelo da Rocha Forte, en Compostela.

Noraboa polo traballo!

lunes, 3 de junio de 2019

OS PÓRTICOS DA GLORIA


O Pórtico da Gloria está na Catedral, como un dos elementos máis coñecidos e valiosos do noso patrimonio. Pero...

No noso colexio temos 50 Pórticos, un por cada nena e neno do 1º curso de Primaria.
Se non nos creedes, mirade...

lunes, 27 de mayo de 2019

AS MARÍAS

Así de grandes, a tamaño natural, representaron e versionaron os nenos e nenas de 3º  de Primaria a escultura das Marías que nos recibe na entrada da Alameda.


Noraboa por este gran traballo!


A ALAMEDA DE SANTIAGO

Logo dunha visita á nosa Alameda, que conta cun gran patrimonio artístico, o alumnado de 3º de Primaria presentou as fotografías máis vistosas e persoais, que foron expostas para todos e todas.


jueves, 9 de mayo de 2019

XERARDO ESTÉVEZ FÁLANOS DO PATRIMONIO

Dentro da axenda de actividades programadas polo profesorado e a ANPA  para conmemorar o XXV aniversario do noso colexio, tivemos a honra de recibir esta mañá na biblioteca do centro a D. Xerardo Estévez, que conversou coas nenas e nenos sobre a evolución da cidade de Santiago, como xoia do noso patrimonio.

Intentou sobre todo, concienciar ao alumnado da importancia de conservar o patrimonio e de facelo ben para que poidamos estar orgullosos do que temos.

Moitas grazas querido amigo!




sábado, 4 de mayo de 2019

O NOSO PATRIMONIO EN LIBROS


Estamos a encher pouco a pouco un moble cos recursos sobre o tema do PDI deste curso , O Noso Patrimonio, para poñelos a disposición de  toda a comunidade educativa.

domingo, 24 de marzo de 2019

VISITA DA POETA COMPOSTELÁ ROSALÍA MORLÁN



Rosalía Morlán é unha compostelá que escribe poesía para nenas e nenos. Poesía que nos leva a lugares importantes do noso patrimonio como o castelo da Rocha Forte. Por todo eso merece que a invitemos a pasar un ratiño con nós.

viernes, 8 de marzo de 2019

CONCURSO: "MULLERES QUE FAN HISTORIA"

Para conmemorar a data do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, de novo convocamos o Concurso "MULLERES QUE FAN HISTORIA".

As bases están xa na biblioteca. Podedes consultalas cando queirades e animarvos a participar. 
Este ano, o tema arredor do que xira o concurso é O noso Patrimonio, como xa sabedes. Así, irán aparecendo as fotografías das mulleres seleccionadas acompañadas dunha pista que facilita que averigüedes os seus nomes. Este curso serán tres as mulleres elixidas e debedes escribir os seus nomes na ficha que se vos entregará se queredes participar.

As tres mulleres están vinculadas directamente co estudio, difusión e  conservación do noso patrimonio.

Aquí vai a pista nº 1:

Nacín o 6 de abril de 1895 en Guísamo (Bergondo-A Coruña).

Participei en moitas iniciativas para conservar a cultura e a lingua galegas.



Pista nº 2:
O meu nome artístico é Maruxa Villanueva.


Dediquei a miña vida ao coñecemento e difusión da cultura galega e sobre todo á casa e a obra de Rosalía de Castro.



Pista nº 3:
Fun  unha arquiveira, historiadora e profesora que nacín en Ourense en 1923.

A fundación que leva o meu nome encárgase da difusión e protección dos arquivos e patrimonio documental de Galicia.