lunes, 15 de octubre de 2018

VII EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR

Como en anos anteriores, desde a Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística, convocámosvos ao unha nova edición do concurso de relatos curtos de terror.

Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas e escritas en galego. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre  terror, medo ou temas que causen asombro. Terase en conta que inclúan referencias ao noso patrimonio xa que  é o tema do PDI deste curso para o noso centro.
Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou pequeño grupo.
Terceira.. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de dúas carillas de folio manuscrito de extensión. (Incluida a ilustración).
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o venres, 16 de novembro de 2018.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Compre que xunto coas obras se proporcione a seguiente información:
Titulo do relato/debuxo…………….
Autor/a/s………………..
Curso e grupo………………..0 € + Trofeo.
Novena. As obras a concurso deberán entregarse ás titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.


jueves, 11 de octubre de 2018

CURSO 2018-19. CEIP DAS FONTIÑAS

O patrimonio cultural da nosa terra será o tema fundamental do Proxecto Documental Integrado para o noso colexio durante o curso 2018-2019.
 Esperamos  aprender moitas cousas!