Rosalía Morlán é unha compostelá que escribe poesía para nenas e nenos. Poesía que nos leva a lugares importantes do noso patrimonio como o castelo da Rocha Forte. Por todo eso merece que a invitemos a pasar un ratiño con nós.
domingo, 24 de marzo de 2019
viernes, 8 de marzo de 2019
CONCURSO: "MULLERES QUE FAN HISTORIA"
Para conmemorar a data do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, de novo convocamos o Concurso "MULLERES QUE FAN HISTORIA".
As bases están xa na biblioteca. Podedes consultalas cando queirades e animarvos a participar.
Este ano, o tema arredor do que xira o concurso é O noso Patrimonio, como xa sabedes. Así, irán aparecendo as fotografías das mulleres seleccionadas acompañadas dunha pista que facilita que averigüedes os seus nomes. Este curso serán tres as mulleres elixidas e debedes escribir os seus nomes na ficha que se vos entregará se queredes participar.
As tres mulleres están vinculadas directamente co estudio, difusión e conservación do noso patrimonio.
As tres mulleres están vinculadas directamente co estudio, difusión e conservación do noso patrimonio.
Nacín o 6 de abril de
1895 en Guísamo (Bergondo-A Coruña).
Participei en moitas
iniciativas para conservar a cultura e a lingua galegas.
Pista nº 2:
O meu nome artístico é Maruxa Villanueva.
O meu nome artístico é Maruxa Villanueva.
Dediquei a miña vida
ao coñecemento e difusión da cultura galega e sobre todo á casa e a obra de
Rosalía de Castro.
Pista nº 3:
Fun unha arquiveira, historiadora e profesora que
nacín en Ourense en 1923.
A fundación que leva
o meu nome encárgase da difusión e protección dos arquivos e patrimonio
documental de Galicia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)