Os xogos populares forman parte importante do noso patrimonio. Por iso, as nenas e nenos de 2º curso de Primaria traballaron todo o curso para aprender e logo instruirnos a todos sobre a riqueza destes xogos. Aquí tedes mostras dos seus traballos de investigación.
O NOSO PATRIMONIO
viernes, 21 de junio de 2019
FALEMOS GALEGO. É O NOSO PATRIMONIO
Tres capitáns de tempos idos é a obra de teatro coa que nos deleitou o alumnado de 5º A do colexio, que escolleu, dentro do noso proxecto deste ano, o patrimonio lingüístico e a preocupación por conservalo.
Parabéns pola súa marabillosa actuación!
sábado, 15 de junio de 2019
A NOSA LINGUA
Nas aulas de catro anos estivemos a traballar
sobre a nosa lingua: o galego. O punto de partida foron as cancións O trem maluco e O pirimpimpín, a primeira en portugués e a segunda en galego. Estas
cancións teñen unha estrofa coa mesma letra e, a partir desta cuestión, naceu
esta viaxe.
Unha viaxe que nos levou a
buscar lugares do mundo onde se fala o portugués, lugares onde pola semellanza co galego,
podemos facernos entender.
FONTES, PONTES, POZOS E LAVADOIROS
Con este título se desenvolve o traballo das nenas e nenos de 3 anos do noso colexio durante todo o ano. Aquí podedes ver algunhas das imaxes do noso patrimonio.
Bo traballo!
miércoles, 12 de junio de 2019
VISITAS AO BARRIO POLO XXV ANIVERSARIO
O alumnado de 4º e 6º do noso colexio, coordinados polo profesorado, realizou uns vídeos das visitas que fixeron a varias Institución e espazos ubicados no noso barrio. Espazos que forman parte tamén do noso patrimonio.
Desfrutade destas estupendas visitas nos seguintes enlaces:
POLICÍA AUTONÓMICA
VISITA A METEOGALICIA
VISITA AO IES DAS FONTIÑAS
VISITA AO IES ANTÓN FRAGUAS
VISITA Á CRUZ VERMELLA
VISITA AO CENTRO SOCIOCULTURAL
VISITA AO CENTRO DE SAÚDE
martes, 11 de junio de 2019
OS NOSOS CASTELOS
Aquí tedes o estupendo vídeo realizado polo alumnado de 4º de Primaria do noso colexio sobre unha parte do noso Patrimonio Cultural e Artístico, os castelos.
Así, investigaron sobre como xurdiron os castelos, as súas partes máis destacadas, como foi a súa evolución...
Despois nos describen dous exemplos importantes, o Castelo de Soutomaior, na comarca de Vigo e o Castelo da Rocha Forte, en Compostela.
Noraboa polo traballo!
lunes, 3 de junio de 2019
OS PÓRTICOS DA GLORIA
O Pórtico da Gloria está na Catedral, como un dos elementos máis coñecidos e valiosos do noso patrimonio. Pero...
No noso colexio temos 50 Pórticos, un por cada nena e neno do 1º curso de Primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)